A Música forma parte esencial das nosas vidas. A nosa Comunidade Autónoma conta con dous Conservatorios Superiores de Música e unha Escola Superior de Arte Dramática, onde se imparten ensinanzas equivalentes ás universitarias. Ademais, podemos sumar oito conservatorios de Música e Danza de Ensino Elemental e Profesional dependentes da Xunta, e varios máis dependentes de Deputacións ou Concellos e, tamén, mencionar Escolas de Música públicas, normalmente de titularidade municipal.
Afortunadamente, existen dúas orquestras profesionais e compañías de Teatro e Danza de primeiro nivel, tanto públicas como privadas. En tódalas cidades podemos gozar de concertos, espectáculos de teatro, circo, danza e audiovisuais de gran variedade de estilos e formatos. Sen embargo, este escenario aparentemente favorable á vida artística e musical, contrasta coa triste realidade na nova lei educativa, xa que a Música na LOMLOE segue a perder espazo ata case desaparecer do curriculum. A LOMLOE insiste en negar presenza ás artes, principalmente ás performativas, malia que o desenvolvemento da personalidade tanto na infancia coma na adolescencia favorécese coa aprendizaxe das artes, sendo a música un dos vehículos identitarios máis fortes. As materias de Música e de Artes Escénicas e Danza son o único espazo onde o alumnado pode experimentar co seu corpo como vehículo de expresión artística e achegarse directamente a estes contidos. Tódolos estudos de investigación concordan en que a través da educación musical se melloran a concentración, a memoria, a coordinación, a expresión, a capacidade de síntese, a empatía, o traballo en equipo e o desenvolvemento cognitivo. Alén disto, somos conscientes de que a través das clases de Música e Artes Escénicas se favorecen as actividades colaborativas, a integración do alumnado nun grupo, foméntase o intercambio de ideas, o respecto entre iguais, a creatividade, o coñecemento doutros contextos e o desenvolvemento da intelixencia emocional. Por que se insiste en que desaparezan estas destrezas e saberes dos plans de estudos? É que a LOMLOE perpetúa o primeiro dos problemas da Educación Musical nas anteriores leis: unha presenza insuficiente, discontinua, incoherente e inconexa no sistema educativo xeral. A carga lectiva ao longo da Primaria e a Secundaria Obrigatoria segue sendo escasa e desordenada. Non se garante a súa presenza nin en Infantil nin practicamente en todo o Bacharelato, onde a proposta curricular pretende eliminala como optativa e deixala relegada unicamente á vía do Bacharelato de Artes Escénicas (que actualmente só se oferta en 11 institutos de toda Galicia). Ademais, desaparece a materia optativa de 4º ESO e a de Artes escénicas e Danza. A inmensa maioría do alumnado vai realizar os seus estudos académicos sen ter acceso a unha Educación Musical mínima. O gran público do futuro non sae unicamente dos conservatorios e das escolas de música: tamén é perto do 95% dos nenos, nenas e adolescentes que están agora nos colexios e institutos de toda Galicia e que só recibirán a educación e formación musical, de artes escénicas e danza que lle deamos no ensino. Cal é o obxectivo primordial dos docentes de música de Galicia? Queremos acompañar o desenvolvemento do noso alumnado en tódalas súas etapas educativas a través da música, do movemento, do audiovisual, da voz e dos instrumentos, da percusión corporal, etc. e poñer en valor as súas verdadeiras capacidades. Para conseguir isto é esencial unha educación musical de calidade, presente en tódolos centros educativos galegos e en tódalas etapas educativas de ensino pre-obrigatorio, obrigatorio e post-obrigatorio. É imprescindible que a Música teña unha presenza abonda para achegar ao alumnado o desenvolvemento artístico imprescindible para construírmonos como persoas e como sociedade, en todos e cada un dos aspectos da vida. Saíron as puntuacións provisorias do baremo, agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4, do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas. Hai ata o día 8 de setembro para reclamar.
Na seguinte ligazón podedes consultalas: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34953 Como sabedes, este día 5 de maio tivo lugar a gran cita anual do "Musiqueando", e aínda sendo este ano unha edición virtual tivo gran éxito de convocatoria, como podedes ver na seguinte nova.
Para os que non puidestes participar en directo, aquí vos deixamos unhas ligazóns ás dúas coreografías de percusión corporal que Santi Serratosa preparou expresamente para esta ocasión: Coreografía Ed. Primaria Coreografía Ed. Secundaria A final de mes seguro que tamén veremos fabulosas interpretacións dos centros participantes. Estaremos atent@s! Lembrade que só quedan 8 días para o encontro en directo con Santi Serratosa.
O día 5 de maio atoparémonos ás 10:30 o alumnado de primaria e ás 12:30 o de Secundaria na seguinte ligazón: Coaem administración - YouTube. Agardámosvos! Pese a este ano de pandemia que nos está obrigando a evitar moitas actividades, a COAEM segue loitando por visibilizar a nosa materia propoñendo, en lugar do habitual Musiqueando, que se celebra todos os anos, un Musiqueando nas redes.
A proposta sería a seguinte:
Igual que en anos anteriores a música saíu das aulas ás rúas e prazas das nosas cidades, queremos que este ano saia ao mundo a través das Redes Sociais. Que a pandemia non faga esquecer o importante que é a música na vida de toda a sociedade. Animádevos a participar! Na seguinte ligazón poderedes acceder á entrevista realizada polo programa No es un día cualquiera de Radio Nacional á nosa estimada compañeira Almudena Vidal, actual presidenta da Confederación de Asociaciones de Educación Musical (COAEM), na que reivindica unha maior carga lectiva da asignatura.
Paga a pena escoitala, bo traballo! Saíron as adxudicacións provisionais no CXT, podedes consultar toda a información na seguinte ligazón.
Está aberta a convocatoria para solicitar praza de profesorado visitante español no exterior para o curso 2021-22. Podedes consultar a información na seguinte ligazón. O prazo remata o 13 de xaneiro de 2021.
|
NovasNesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical. Publicacións
Mayo 2024
Categorías
Todos
|